Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 300 actividades para fomentar a lectura entre os cativos no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Máis de 300 actividades para fomentar a lectura entre os cativos no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Palestina é o país convidado este ano

O lema do Salón é ¡Que non pare a música!

G24.gal 07/03/2026 20:59

O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá máis de 300 actividades de aquí ao domingo 22 de marzo coa intención de fomentar a lectura entre o público máis novo.

A maior parte son de balde aínda que nalgunhas hai que reservar. Polas mañás están  dirixidas a escolares e polas tardes abertas a todos: teatro, maxia, circo, videoxogos, sesións de contos, obradoiros e música, moita música, porque o lema deste ano é ¡Que non pare a música!

"Vou a percusión, toco percusión". 

"De maior quero ser cantante porque me gusta a música e os libros encántanme".

"A batería, gústame tocala".

"Gústame moito tocar, os coxíns".

"Gústame a batería, cantar, xogar coas miñas amigas, ler libros".

"Gústame a cociña, a zona gamer e a das almofadas porque podo relaxarme e estou con ela e pásoo ben", din varios rapaces.

No Salón hai 4.500 libros para gozar aquí ou levalos prestados para a casa. E un espazo para amosar debuxos realizados por nenos de Gaza porque este ano o país convidado é Palestina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar