Publicador de contidos

Publicador de contidos

As viaxes regulares ás illas Cies comezaron cun bo ritmo de reservas

As viaxes regulares ás illas Cies comezaron cun bo ritmo de reservas

Ata o quince de setembro pódese visitar o arquipélago do Parque Nacional das Illas Atlánticas de luns a domingo

As navieiras falan dunha media diaria de 1.000 visitantes a xa hai reservas para os meses de xullo e agosto

G24.gal 21/05/2023 21:43 Última actualización 21/05/2023 22:01

Apenas despedimos un barco e xa está chegando outro. Todos parten cara ás Cíes. Se botamos unha ollada aos peiraos flotantes entendemos o porqué de tanto movemento. Este domingo as illas recibiron uns 1.200 visitantes. 

O 15 de maio comezaron as viaxes regulares e a demanda de reservas vai a moi bo ritmo. Tras a pandemia, asociacións, colexios, ANPA e colectivos volven retomar as visitas en grupo. 

Un exemplo atopámolo este domingo. Son unha trintena de persoas dun club de sendeirismo de Málaga. Fixeron as súas reservas hai un ano.

As navieiras aseguran que unhas 1.000 persoas de media visitarán estes días as illas, cifra que aumenta nas fins de semana. A cota máxima ao día é de 1.800 visitantes, 600 campistas e 200 excursionistas con guía.

O ano pasado batéronse marcas de visitantes. Case 330.000 persoas, é dicir,  un 12 % máis que no 2021.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade