Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezan as obras do Centro de Protonterapia de Galicia en Santiago

Comezan as obras do Centro de Protonterapia de Galicia en Santiago

Está previsto que os primeiros doentes oncolóxicos sexan atendidos a principios de 2026

Esta técnica de precisión está indicada para o tratamento de tumores de difícil acceso

G24.gal 31/03/2024 14:33 Última actualización 31/03/2024 15:04

A partir do día 8 de abril comezan no aparcadoiro do Hospital Clínico Universitario de Santiago os movementos de terra para levantar o novo Centro de Protonterapia de Galicia.

As novas instalacións acollerán os equipamentos, salas de tratamento e consultas para os pacientes oncolóxicos aos que se lle aplique esta técnica.

"Podemos falar de arredor deses 12 ou 15 meses, máis un ano despois de axustes. Iso lévanos a traballar nun escenario que roza inicios de 2026, finais de 2025, para atender os primeiros pacientes", asegurou o conselleiro de Sanidade en funcións, Xulio García Comesaña.

Esta técnica de precisión milimétrica está indicada para o tratamento de tumores de difícil acceso, é menos invasiva cos tecidos e órganos que circundan a zona danada e máis segura para o paciente por ter menos toxicidade que a radioterapia convencional. 

"Podemos programar a súa penetración, onde depositan a dose máxima da súa enerxía e preservar os tecidos que están por detrás. Polo tanto utilízase en tratamentos onde hai máis risco para os tecidos que rodean a zona tumoral: medula espiñal, a zona do ollo ou incluso na zona abdominal", detallou Comesaña.

O Centro de Protonterapia está dotado cun dos dez equipos doados pola Fundación Amancio Ortega ao Sistema Público de Saúde e dará servizo tamén a pacientes asturianos e leoneses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos