Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezan as obras de dragaxe da ría do Burgo

Comezan as obras de dragaxe da ría do Burgo

Goberno e Xunta colaborarán para axilizar as compensacións económicas aos mariscadores

G24.gal 13/01/2022 14:43

Arrancan as obras de dragaxe da Ría do Burgo, un proxecto que permitirá retirar os materiais contaminantes dos fondos mariños. Serán máis de dous anos de traballos que permitirán rexenerar un espazo que comparten uns 350.000 habitantes da área metropolitana da Coruña.

A actividade industrial e as continuas verteduras dos concellos que comparten a ría foron depositando baixo a auga unha capa de materiais contaminantes que despois de anos de trámites e estudos se van comezar a retirar.

Os traballos comezarán en dez días e servirán tamén para crear novos espazos verdes. Con todo, durante os dous anos que duren as obras será necesario suspender a actividade marisqueira.

Será o Ministerio para a Transición Ecolóxica o que finalmente asumirá as compensacións aos mariscadores. Desde a Xunta de Galicia colaborarán coa tramitación dos expedientes dos 80 mariscadores con permisos.

​​​​​As obras estarán rematadas a primeiros do 2024 e suporán un investimento superior aos 32 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar