Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezan as celebracións polo 50 aniversario de Zara

Comezan as celebracións polo 50 aniversario de Zara

Este 9 de maio reabre a primeira tenda da marca na rúa Juan Flórez da Coruña totalmente reformada

A multinacional prepara a campaña '50 anos de Zara', dirixida por Steven Meisel, un dos grandes da fotografia de moda, que contará coa participación de modelos icónicas

G24.gal 08/05/2025 14:40

"É un fito importante. É un ano de celebración por 50 anos de actividade", explica o Conselleiro delegado de Inditex, Óscar García Maceiras.

Así anunciaba Inditex que o 2025 é un ano especial para a compañía. Un 9 de maio de 1975 abría as súas portas a primeira tenda de Zara. Este pequeno establecemento da rúa Juan Flórez, que segue sendo un termómetro para medir as demandas dos clientes.

"Fun das primeiras clientas", di unha coruñesa. 

A actividade é frenética arredor desta tenda, que reabrirá as súas portas totalmente reformada para seguir ofrecendo ao público a receita do éxito de Amancio Ortega. Moda de calidade para todo tipo de cliente e a un prezo asequible.

"Creo que vai ser unha tenda única. E terá cafetería", explican comerciantes da zona.

Non será a única celebración. A multinacional prepara a campaña 50 anos de Zara, dirixida por Steven Meisel, un dos grandes da fotografia de moda, que contará coa participación de modelos icónicas. É o selo persoal de Marta Ortega, a galega que medio século despois lidera unha das primeriras empresas do mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade