Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezan a vacinar da gripe os nenos de entre seis meses e os cinco anos

Comezan a vacinar da gripe os nenos de entre seis meses e os cinco anos

Poden acudir vacinarse ao seu centro de saúde, previa cita, ata o 3 de decembro

G24.gal 10/10/2022 14:26 Última actualización 10/10/2022 14:45

Este proceso de vacinación da gripe aos meniños entres 6 meses e 5 anos comezou esta mesma mañá nos centros de saúde de toda Galicia. A vacinación deste grupo de idade está incluída no calendario vacinal infantil, e os meniños pódense ir achegando paulatinamente aos seus centros de saúde dende hoxe e ata o 31 de decembro, previa cita. O obxectivo é dobre: evitar a sobreinfección bacteriana nos propios nenos e reducir a transmisión da gripe a outros grupos de idade.

"Vacínase neste grupo de idade porque son moi transmisores de virus e son tamén os que requiren máis hospitalización por patoloxía respiratoria", explica a enfermeira Carmen Miranda.

A temporada da gripe xa comezou de xeito adiantado, e pénsase que pode haber máis contaxios tras dous anos de profilaxe.

"Levamos dous anos en que apenas hai patoloxías respiratorias por mor da máscara, pero este ano que se levantaron as restricións estanse adiantando todo", engade Carmen Miranda

Os nenos que se vacinan deben recibir unha dose de reforzo un mes despois da primeira picada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar