Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza un outono que se prevé máis cálido e húmido do habitual

Comeza un outono que se prevé máis cálido e húmido do habitual

A estación botou a andar ás 8:50 horas e durará 89 días e 21 horas

G24.gal 23/09/2023 08:50 Última actualización 23/09/2023 17:37

Ás 08:50 horas comezou oficialmente o outono, segundo os cálculos do Observatorio Astronómico Nacional. Durará 89 días e 21 horas e rematará o 22 de decembro. 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) prevé que a estación sexa "máis cálida e húmida" do habitual en Galicia.

"A predición estacional é probabilística, non falamos de que vai pasar coma se fose para o día seguinte ou dentro de dous días, falamos de probabilidades", precisa o delegado da Aemet en Galicia, Francisco Infante.  

De acordo cos datos que manexa, hai "unha alta probabilidade" de que "a maior parte do outono", en referencia aos meses de outubro, novembro e decembro, sexa "máis cálido do normal" e unha probabilidade "non tan alta" de que sexa "máis húmido, máis chuvioso".

Anos anteriores

Infante lembra que en Galicia o outono de 2018 foi "cálido e moi seco" e o de 2019 "cálido e moi húmido". Seguiulle un 2020 e un 2021 "moi cálido e seco" e un 2022 "moi cálido e húmido".

"Está claro que nos últimos anos os outonos foron máis cálidos ou moito máis cálidos do normal", recalca, por mor do "quecemento global e do cambio climático".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar