Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza o prazo para escoller a palabra do ano 2025

Comeza o prazo para escoller a palabra do ano 2025

As suxestións dos cidadáns recóllense desde hoxe e ata o 1 de decembro no Portal das Palabras da Real Academia Galega

G24.gal 11/11/2025 14:31

Non hai un único criterio nin ferramenta para escoller a palabra do ano, que despois quedará gravada no Paseo das Palabras de Lugo.

A iniciativa para escoller a de 2025 presentárona hoxe e contáronnos que moitos anos os galegos escolleron coma quen fai un resumo da actualidade.

"É o que chamamos a palabra-crónica, que a xente escolle para definir o que foi o ano, e tamén foron frecuentes outros anos as que denominamos palabras-esperanza, que poñen a mirada no futuro, como 'irmandade' ou 'afouteza'", dixo Víctor Freixanes, impulsor desta iniciativa da RAG e a Fundación Barrié.

Palabras necesarias que quedarán talladas en granito como memoria do que somos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade