Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pataqueira, autofoto e estragafestas entran no dicionario na RAG

Pataqueira, autofoto e estragafestas entran no dicionario na RAG

A Real Academia Galega incorpora un centenar de novas palabras no dicionario

 

G24.gal 14/11/2025 11:12

A Real Academia Galega (RAG) incorporou ao seu dicionario un centenar de novas palabras. Entre as novas entradas, figuran aquelas que completan familias de vocábulos como antiincendios, bucinada, descifraxe/desciframento, estudantado, polifacetismo, parafusería, postergación, posvenda, ludoteca e enoteca e viñoteca, entre outras.

Os termos do mundo da ciencia e da investigación conforman outro grupo con presenza nesta actualización, á que se engaden outras, informa a RAG, como audioloxía, bolboretario ou xardín de bolboretas, grampositivo e gramnegativo, ou galeguística.

A institución académica remarca que o seu Seminario de Lexicografía traballa continuamente na revisión e actualización do dicionario en liña da institución, que se pode consultar de forma gratuíta en academia.gal/dicionario.

O equipo que coordina o académico Manuel González presta tamén atención ao labor que consiste en completar familias de palabras como as incluídas nesta última actualización, ademais de incorporar outros termos "que designan distintas realidades".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade