Cargando resultados...
Comeza o Foro de Davos coa ameaza de recesión global de fondo
Comeza o Foro de Davos coa ameaza de recesión global de fondo
Horas antes do inicio, activistas do clima manifestábanse contra as políticas deste Foro Económico Mundial e a ausencia de solucións, proclaman, aos problemas actuais
![Activistas climáticos protestaron pola falta de solucións aos problemas actuais](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230116/colFORODAVOS_frame_483.png)
G24.gal
16/01/2023 08:39
Hoxe comeza o Foro de Davos, en Suíza. O temor a unha recesión global, a guerra en Ucraína, a crise de subministracións e tamén o cambio climático centrarán esta reunión de ata 2.700 líderes políticos, económicos e sociais dun total de 130 países.
Xa nas horas anteriores ao inicio, activistas do clima manifestábanse contra as políticas deste Foro Económico Mundial e a ausencia de solucións, proclaman, aos problemas actuais.