Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza o arranxo integral do firme na N-540 no concello de Guntín

Comeza o arranxo integral do firme na N-540 no concello de Guntín

As obras forman parte da rehabilitación de case 70 quilómetros desta estrada anunciada polo Goberno

G24.gal 26/04/2024 14:22

No concello lugués de Guntín iniciáronse os traballos para a rehabilitación integral do firme na estrada nacional 540. Trátase dun treito de dous quilómetros de curvas que estaba moi deteriorado e supoñía un risco para os condutores.

Nos últimos meses caeron varios motoristas, e estragáronse as rodas e os parabrisas de moitos coches. As obras forman parte da rehabilitación de case 70 quilómetros desta estrada anunciada polo Goberno hai uns meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade