Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza o Ano Castelao cun acto cívico en San Domingos de Bonaval no 75 aniversario do seu pasamento

Comeza o Ano Castelao cun acto cívico en San Domingos de Bonaval no 75 aniversario do seu pasamento

A Fundación Castelao, o Consello da Cultura Galega e o Museo do Pobo Galego organizaron a homenaxe conxunta coincidindo co 75 aniversario do pasamento, o 7 de xaneiro de 1950 en Bos Aires

O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices, acompañado pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmatín; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; o conselleiro de Cultura, José López Campos; o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e a presidenta do Museo do Pobo Galego, Concha Losada, durante a conmemoración do 75 aniversario de la morte de Castelao (EFE/Xoán Rey)
G24.gal 07/01/2025 11:45 Última actualización 07/01/2025 15:20

O acto cívico para conmemorar o 75 cabodano de Castelao ateigou a igrexa de San Domingos de Bonaval. As principais institucións e entidades culturais do país asistiron renderlle homenaxe, nunha cerimonia que quixo celebrar a vida e a traxectoria da figura máis senlleira do galeguismo do século XX. 

O presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas, explicou no Diario cultural que as pompas fúnebres en Bos Aires poderían equipararse a un funeral dun xefe de Estado. "A xente sabía que morrera un símbolo e nacía un mito".

Nos discursos lembraron o Castelao artista, o escritor e -sobre todo- o pensador, político e patriota galego; poñendo o foco na defensa que fixo da cultura, da lingua e do país.

A cerimonia foi o arranque oficial do ano Castelao, que programará distintos eventos ao longo de todo este 2025 para difundir a figura, a obra e o pensamento do rianxeiro máis universal.

O BNG quere que se recoñeza oficialmente a Castelao como primeiro presidente de Galicia. Os nacionalistas anuncian que levarán esa petición ao Parlamento para o seu debate. Nun acto polos 75 anos do seu pasamento, Ana Pontón recordou que Castelao fundou no Uruguai o Consello de Galiza, que pretendía ser un goberno no exilio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos