Publicador de contidos

Publicador de contidos

Homenaxe a Castelao na XVII Festa da Palabra que se celebra na Insua dos Poetas

Homenaxe a Castelao na XVII Festa da Palabra que se celebra na Insua dos Poetas

Música, arte e literatura conviven neste espazo singular da parroquia de Madarnás, no Carballiño

G24.gal 19/07/2025 14:25 Última actualización 19/07/2025 15:06

A Insua dos Poetas celebra unha nova edición da Festa das Palabras recordando a Castelao e, máis concretamente, o primeiro relato de Cousas, "A Carón da Natureza".

"Estamos en plena natureza e, ao seu carón, colocamos as artes plásticas, a literatura... a creatividade en xeral", asegura Luís González Tosar, presidente da Fundación Insua dos Poetas.

A Castelao dedicoulle a súa intervención Sara Antía, estudante de bacharelato que, malia a distancia xeracional, é unha admiradora do insigne galeguista falecido hai 75 anos.

"Un exemplo a nivel político, a nivel artístico, xa que a min gústame moito a música e el tamén foi músico", di Sara Antía Fernández, alumna do IES Otero Pedrayo.

A incorporación de xente nova ao proxecto é un dos obxectivos da fundación Insua dos Poetas que quere que a semente da arte en comuñón coa natureza siga agromando.

"Porque nós o que intentamos é combinar todos os tipos de arte, así que temos un oco para cada persoa, se lle gusta a literatura, a pintura, ou calquera tipo de arte", explica Alexandre Guerra, patrón da Fundación Insua dos Poetas.

Entre outras autoridades, ao acto asistiu tamén o presidente da Real Academia Galega, encargado de entregar un dos sete premios Insua dos Poetas desta edición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade