Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Resurrection Fest máis agardado enche Viveiro

O Resurrection Fest máis agardado enche Viveiro

O festival volve con máis de 120 bandas en cinco días e uns 140.000 asistentes

Félix Aragunde 29/06/2022 14:10

Tras tres anos dende a última edición, volve a Viveiro o Resurrection Fest, e faino cunhas cifras históricas. Serán cinco días de concertos, con máis de 120 bandas en catro escenarios e coa asistencia dunhas 140.000 persoas.

Esteban Girón, responsable de comunicación do festival: "Se xa ía ser histórica a edición de 2020, que esgotara as entradas en seis horas, dous anos de espera fana aínda moito máis especial. Por vez primeira, temos un festival de cinco días, pois remataremos case o luns". 

Segundo datos da propia organización do festival, prevese que este Resu xere un impacto económico duns 12 millóns de euros. Ademais, a ocupación hoteleira é total en Viveiro, polo que parte do público se aloxa no resto da Mariña e mesmo en Lugo e en Ferrol.

Isabel Méndez, xerente da Asociación de Comerciantes de Viveiro: "Espérase unha das edicións máis multitudinarias, cunha repercusión brutal na vila. Temos unha ocupación hoteleira plena. Pero non falamos de Viveiro, senón de toda a comarca e de Ortegal".

Dani Bossa, hostaleiro: "Isto é unha marabilla. Ademais, son xente coa que se traballa moi ben, moi a gusto, con moita corrección e moita educación. A verdade é que o Resu foi un punto importante para a vila".

Os Deftones son cabeza de cartel nesta xornada inaugural do maior festival de rock da Península, que contará coa presenza de grupos tan lendarios coma Judas Priest ou Sepultura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade