Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a veda do polbo, despois dunha boa campaña

Comeza a veda do polbo, despois dunha boa campaña

Duplicaron as capturas do ano pasado

O prezo aumentou uns dous euros de media por quilo

G24.gal 20/05/2022 20:08 Última actualización 20/05/2022 20:19

Na tarde deste venres, chegaban ao porto de Bueu as últimas capturas de polbo antes de que comezase unha veda que se vai prolongar ata o 4 de xullo. Toca facer balance da campaña que comezou en xaneiro. O patrón maior da confraría San Martiño de Bueu, José Manuel Rosas, explica que o ano pasado vendéronse na lonxa 59 toneladas deste cefalópodo e este ano case 135. Para el, "a campaña foi boa."

Tamén aumentaron os prezos este ano, uns dous euros máis de media por quilo. 50 embarcacións e unhas 150 persoas dedícanse ao polbo en Bueu, que comeza a veda para garantir a próxima campaña. Rosas augura que van ter "unha campaña relativamente boa porque hai recrutamento e moitos pequenos que chegarán a adultos".

Cando remate a veda e ata agosto, a cota máxima de capturas de polbo será de 30 quilos por barco e día, e 30 quilos máis por tripulante ata un máximo de 210. No resto da campaña pasan de 30 a 50 con tope máximo nos 350 quilos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade