Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a veda da centola no litoral da Coruña e Pontevedra

Comeza a veda da centola no litoral da Coruña e Pontevedra

A veda vaise prolongar ata o 6 de novembro

Na costa de Lugo comezará o 2 de xullo

G24.gal 25/06/2022 20:32 Última actualización 25/06/2022 21:00

No litoral das provincias da Coruña e Pontevedra queda prohibida desde hoxe a captura da centola. 

"Agora nos meses de verán o 90 por cento do centolo adoita estar delgado, haino bo tamén, pero o 90 por cento está delgado. A veda faille ben", explica Miguel Ángel Otero, armador do Chapeliño do Grove.

A veda vaise estender ata o 6 de novembro, un período de máis de catro meses que será fundamental para garantir o engorde dos exemplares con vistas á campaña de Nadal.

"Nos meses de novembro e decembro a especie principal é o centolo, despois o resto do ano é unha especie acompañante. Neses meses sen o centolo teriamos que estar amarrados, non pagaría a pena saír ao mar."

No porto do Grove din que a campaña que remata mantivo a tendencia dos últimos anos, con capturas abundantes e prezos altos.

"Son dos mellores anos: os prezos acompañan e a pesca tamén", asegura Miguel Ángel Otero, armador do Chapeliño do Grove.

A campaña da centola vaise prolongar aínda uns días máis na costa luguesa. A veda comezará alí o 2 de xullo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar