Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a semana grande das Festas da Peregrina en Pontevedra

Comeza a semana grande das Festas da Peregrina en Pontevedra

A ocupación hoteleira na cidade supera o 90 % nestas datas

G24.gal 08/08/2022 14:33 Última actualización 08/08/2022 14:43

Pontevedra comeza este luns a súa semana grande, a das Festas da Peregrina. As previsións de ocupación e negocio do sector servizos son optimistas. A ocupación hoteleira vai ser superior ao 90 por cento, de feito xa quedan moi poucos cuartos dispoñibles nos hoteis da cidade.

Son datos similares á época previa á pandemia. Bares e restaurantes teñen tamén moi boas expectativas. Agardan compensar con esta semana, en que esperan terrazas e locais cheos, outras épocas do ano de menor actividade.

Tras dous anos sen poder celebralas ao cen por cento, a cidade do Lérez recupera as Festas da Peregrina coa mesma forza que antes da pandemia. Rúas cheas de xente e aloxamentos turísticos ao tope.  

Agosto en xeral está a ser un mes con moi bos datos turísticos. Os bares e os restaurantes nótano e as expectativas para esta semana son inmellorables. Vai ser difícil atopar sitio en calquera terraza do centro.

As previsións do tempo son boas, o que axudará, sen dúbida, a que a semana grande da Peregrina teña o éxito de público que todos agardan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade