Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a segunda fase da operación verán da DXT, en que se agardan 6,9 millóns de desprazamentos

Comeza a segunda fase da operación verán da DXT, en que se agardan 6,9 millóns de desprazamentos

A operación saída vaise prolongar ata as doce da noite do luns

A DXT calcula que durante todo o mes de agosto se rexistrarán uns 49 millóns de desprazamentos

Para controlar a velocidade haberá 780 radares fixos, 545 móbiles, 12 helicópteros  e 39 drons, entre outros medios

G24.gal 29/07/2022 09:21 Última actualización 29/07/2022 16:23

Ás tres da tarde comeza a segunda fase da operación do verán. que se prolongará ata as doce da noite do luns. Nese período despregarase un dispositivo especial de ordenación e vixilancia para os 6,9 millóns de viaxes por estrada que prevé a Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

A DXT adianta o inicio desta operación porque o día 1 de agosto é luns e considera moi probable que moitas persoas inicien as súas vacacións este venres.

A DXT calcula que durante todo o mes de agosto se rexistrarán uns 49 millóns de desprazamentos. Ademais dos de longa distancia, tamén coinciden nestes días os traxectos propios da fin de semana, aqueles que poñen fin ás súas vacacións e os vehículos que atravesan a Península con destino aos países do Magreb, no marco da operación Paso do Estreito.

Medios da DXT para comprobar a velocidade

Para comprobar que os límites de velocidade se cumpren tamén haberá 780 radares fixos, dos cales 92 son de tramo; 545 móbiles, que poden ir nos vehículos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, e 12 helicópteros. Así mesmo, 245 cámaras, instaladas xeralmente en pórticos, 15 furgonetas e 12 helicópteros vixiarán o uso do cinto de seguridade e as distraccións como a utilización do móbil mentres se conduce.

Tráfico lembra que 23 dos 39 drons de que dispón teñen capacidade para poder denunciar. A DXT dispón tamén de vehículos e motos sen rotular que circularán por todo tipo de vías, e vanse intensificar os controis preventivos de consumo de alcol e drogas ao volante a calquera hora do día e en calquera estrada. Na metade dos condutores falecidos en 2021 detectouse a presenza de substancias psicotrópicas.

A pesar de que o 1 de agosto segue sendo a data de comezo de vacacións para miles de cidadáns, a tendencia dos últimos anos foi a de fragmentalas en períodos máis curtos. Por este motivo durante todo o verán a DXT continuará poñendo en marcha dispositivos especiais de regulación e vixilancia as fins de semana.

Información para os condutores

Haberá sinalización dinámica a través de 2.200 paneis sobre tempos de percorrido, itinerarios alternativos e incidencias na vía e facilitarase información de calquera incidencia na estrada a través dos boletíns informativos das emisoras de radio, en redes sociais cos hashtags #VeranoSeguro e #SaberloEsEmpezarAEvitarlo, na Internet www.dgt.es e no teléfono 011.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade