Comeza a recuperación de terreos arrasados polos incendios no Courel
Operarios das brigadas de extinción están botando palla para evitar a erosión do solo
A técnica consiste en crear unha cobertura vexetal alí onde desapareceu polos lumes
Están a botar palla sobre o terreo queimado para protexelo.
O incendio de xullo arrasou con máis de 11.100 hectáreas no sur da Serra do Courel e agora, antes de que cheguen as chuvias do outono, queren crear un manto vexetal alí onde falta.
Son os propios operarios das brigadas de extinción os que fan este acolchado con palla.
Unha investigación levada a cabo por expertos do Centro Forestal de Lourizán pon de manifesto que é a técnica máis axeitada para recuperar o solo afectado por incendios.
O acolchado con palla vaise aplicar en 106 hectáreas onde hai maior risco de erosión pola perda da cobertura vexetal, principalmente en valgadas.
Logo, en primavera, revisaranse as zonas para estudar como foi o proceso de rexeneración con este sistema.