Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a campaña da ameixa en Ribeira e da voandeira en Rianxo

Comeza a campaña da ameixa en Ribeira e da voandeira en Rianxo

Máis de 200 embarcacións da ría de Arousa buscan dende hoxe os prezados mariscos

G24.gal 02/11/2022 14:30

Este mércores comezou a campaña marisqueira da ameixa en Ribeira. A variedade babosa é seguramente a captura máis prezada nunha ría en que xa traballan desde esta mañá unhas 200 embarcacións.

En Ribeira agardan unha campaña similar á do ano pasado. Quizais algo mellor. Os bancos marisqueiros xa non son tan produtivos como hai uns anos, pero seguen producindo ameixa babosa de excelente calidade.

As mostras recollidas dan conta desa categoría, aínda que, sobre todo a de gran tamaño, en escasa cantidade. Xunto á babosa, en Ribeira collen outras moitas especies moi apreciadas. Ameixa vermella e outros bivalvos como o reló ou o carneiro.

Cara ao interior desta ría de Arousa, a frota rianxeira dunhas 30 embarcacións comezou tamén a campaña da voandeira que se estenderá ata finais do mes de marzo. A frota do bou de vara de Rianxo viu con certo malestar, iso si, como a Consellería rebaixou o tope de capturas de 50 a 40 toneladas deste molusco, da familia da vieira e a zamburiña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade