Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a campaña da centola na costa de Lugo

Comeza a campaña da centola na costa de Lugo

Os primeiros exemplares poranse á venda este martes 

G24.gal 28/11/2022 18:37 Última actualización 28/11/2022 18:49

 A campaña extractiva da centola comezou este luns na provincia de Lugo, na área que vai desde o cabo da Estaca de Bares ata o río Eo, incluíndo a ría do Barqueiro.

A campaña da centola na provincia lucense prolongarase ata o inicio da veda do ano 2023.

Nas provincias da Coruña (desde o cabo Corrubedo ata o cabo da Estaca de Bares) e Pontevedra (do cabo Corrubedo ata A Guarda) a campaña comezou o pasado 7 de novembro e estenderase tamén ata a data que fixe o plan de xestión do próximo exercicio.

Nesa mesma data tamén abriu a campaña do boi en todo o litoral de Galicia, incluída a costa lucense.

A cota máxima de captura destas dúas especies é de 35 quilos por barco e día, á que se lle engaden 35 quilos ao día por cada tripulante enrolado e a bordo.

Poden participar na campaña todas as embarcacións de artes menores e con porto base en Galicia, así como aquelas que, tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para traballar nestas augas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade