Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a campaña da centola no Grove

Comeza a campaña da centola no Grove

O tope de capturas son 35 quilos por embarcación e outros 35 por cada tripulante

Os tripulantes do Mar e Mar exhiben dous exemplares de centola que capturaron este luns
G24.gal 10/11/2025 14:00

Medio cento de embarcacións saíron do porto do Grove este domingo para largar os aparellos na ría. Este luns volveron ao mar para levantar os miños e recoller as capturas. Algunhas dignas de exhibir, como facían os tripulantes do Mar e Mar.

As condicións meteorolóxicas son óptimas hoxe. O mar revolto fai que o marisco se mova e entre nos aparellos como nos explica Martín Vidal, un dos mariñeiros mecos que anda á centola.

O tope de capturas son 35 quilos por embarcación e outros 35 por cada tripulante. Nesta primeira xornada algúns quéixanse de non alcanzalos, pero confían en que vaia a mellor a medida que vaian comprobando os caladoiros. 

O que non ten discusión é a calidade do produto. Todos coinciden en que a centola da ria de Arousa é excelente.

Ás 5 da tarde comezará a primeira poxa na lonxa do Grove. O prezo mínimo pactado pola confraría é de 13 euros o quilo. Confían en igualar ou superar os 27 aos que chegou o ano pasado tal e como explica Antonio Otero, vicepatrón primeiro da Confraría San Martiño do Grove.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade