Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arranca a campaña da centola, que se estenderá ata xuño

Arranca a campaña da centola, que se estenderá ata xuño

Abriron as zonas do Miño a Estaca de Bares, e na Mariña comezará o 29 de novembro

G24.gal 09/11/2026 14:55

Principia a campaña da centola e, segundo din os que foron a elas no Grove, foi bo día para collelas. 

"Para ser o primeiro día da campaña, moi ben, as condicións inmellorables, mar de fondo e vento sur", explica Jorge Domínguez, mariñeiro. 

"O tempo en revolvedura sempre axuda a pescar mellor", di outro mariñeiro, Diego Santos. 

A centola quere revoltura, pero tamén -din- se revolven as algas, que multiplican o traballo no aparello. "Cobren todo o aparello e non pescas nada, tumba todo, e a rede non traballa", quéixase Eduardo Rei, mariñeiro no Grove.

Con todo, foron chegando co tope asignado: teñen unha cota de 35 quilos de centola por embarcación, e outros 35 por cabeza.

E traían, din "pezas de moi boa calidade e bo tamaño". Aínda falta ver como se pagan: aquí fixaron un mínimo de 14 euros o quilo, pero contan cunha estrea mellor. 

"Hai demanda, todos queren ter un pouco os primeiros días así que tira do prezo", di un mariñeiro.

A campaña da centola, e tamén do boi, está aberta ata xuño. Na Mariña luguesa a campaña abrirá o 29 deste mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade