Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comerciantes, hostaleiros e veciños do Morrazo tentan aliviar a taxa do lixo

Comerciantes, hostaleiros e veciños do Morrazo tentan aliviar a taxa do lixo

Os afectados en Cangas reúnense coa alcaldesa do municipio

Comerciantes e hostaleiros agradecen a apertura do diálogo e xa preparan as alegacións

G24.gal 20/10/2025 14:45

A xuntanza rematou sen acordo. A mancomunidade do Morrazo segue adiante coa taxa do lixo que dispara os recibos nos concellos de Cangas, Moaña e Bueu. Comerciantes e hostaleiros agradecen a apertura do diálogo e xa preparan as alegacións. 

Durante a reunión a alcaldesa de Cangas defendeu que a mellora do servizo, na actualidade deficitario, pasa por trasladar o custo aos veciños. 

Os diferentes sectores e asociacións afectadas reuniranse este martes para preparar a próxima reunión comarcal coa mancomunidade na que de novo tratarán de mitigar o prezo dos recibos. Unha vez que se publique a ordenanza, os afectados terán 30 días para presentar as alegacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar