Comerciantes e residentes protestan polos atrasos nunha obra en Santiago
A reconstrución da rúa dos Concheiros aínda continúa
Este mediodía, comerciantes e residentes na rúa dos Concheiros, en Santiago, protestaron cunha cazolada polos trastornos que lles ocasionan as sucesivas demoras no remate das obras de reurbanización.
Con cabreo, pero non exentos de humor, arremedaron o acto que hoxe debería marcar a fin duns traballos que proseguen, mediante o simulacro dunha inauguración pola lenta marcha duns traballos que lles ocasionan molestias na mobilidade e perdas nos negocios.
Falan de imprevisión e de cambios diversos na realización dos traballos, mentres eles sofren as consecuencias do que supón unha rúa levantada e en obras durante tanto tempo. A reconstrución da rúa dos Concheiros continúa e aínda queda traballo para unhas semanas.