Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comerciantes e hostaleiros de Ferrol din que sofren perdas de máis do 50 % por mor das obras

Comerciantes e hostaleiros de Ferrol din que sofren perdas de máis do 50 % por mor das obras

Aseguran que non saben canto máis seguirán así nin cal vai ser o futuro dos seus negocios

G24.gal 30/08/2022 14:23

En Ferrol a polémica vén da man da cantidade e sobre todo da duración das obras que se están acometendo na cidade. Na rúa Pardo Baixo, por exemplo, os traballos comezaron hai seis meses. Deberían estar finalizados o pasado 20 de xullo e a día de hoxe a rúa segue levantada.

Os hostaleiros din que levan todo o verán sen poder colocar as súas terrazas e aseguran que a súa facturación baixou arredor dun trinta por cento.

Non son os únicos molestos nin preocupados por obras na rúa. Os comerciantes da contorna do mercado municipal veñen sufríndoas desde hai tres meses. Alí, un negocio de teas xa decidiu trasladar o seu negocio. 

Denuncian que os traballos levaron por diante máis dun cento de prazas de estacionamento. E iso nótano, e moito, na praza de abastos. Aseguran que as súas perdas rozan o 60 %.

Así, din que están mergullados na incerteza porque non saben canto máis seguirán así nin cal será o futuro dos seus negocios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos