Comerciantes e hostaleiros advirten de que terán que subir prezos para evitar o peche de negocios
A factura da luz multiplica por tres a de hai un ano e leva os pequenos negocios ao límite
Cos prezos da luz en máximos históricos, comerciantes e hostaleiros botan contas para afrontar un outono complicado. Din que a situación é crítica ante un gasto enerxético que non deixa de medrar.
Rematan un bo verán en afluencia de clientes, pero aseguran que non conseguen ter máis beneficios ante o aumento dos gastos. De feito, nalgúns casos, a factura da luz chégase a triplicarse respecto a hai un ano. Moitos negocios chegan ás portas do outono ao límite.
Ante esta situación advirten de que haberá que subir prezos para non pechar.
Segundo os cálculos dos autónomos, os prezos da roupa subirán arredor dun 8 % e na hostalería podería chegar a un 20 % este inverno.