Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comer uvas é un dos atragoamentos máis frecuentes nos cativos

Comer uvas é un dos atragoamentos máis frecuentes nos cativos

En Noitevella, mellor evitar as uvas en menores de cinco anos

Os expertos recomendan uvas peladas e sen sementes para os máis pequenos

G24.gal 27/12/2021 20:22

A súa forma e textura converten as uvas, despois das salchichas e dos caramelos, no terceiro alimento que máis asfixias provoca en menores de cinco anos. Un risco que aumenta coa ansia coa que tomamos as uvas en fin de ano tentando seguir o ritmo das badaladas.

Segundo explica o otorrinolaringólogo Dionisio Alonso as uvas son grandes e ademais comémolas nun contexto de risas coas familia e moi rápido para seguir as badaladas. Tres factores que poden producir atragoamentos. 

Mellor non dar uvas aos pequenos pero, se queremos facelo, o doutor Alonso di que o mellor é pelar as uvas, quitarlles as sementes e partilas en dúas partes.

Se aínda así se produce o atragoamento os expertos recomendan aplicar a manobra de Heimlich,  que consiste facer compresións abdominais ata producir tose e a saída do corpo estraño. Tamén pode ser unha opción tentar extraelo pola boca cos dedos.

Este experto di que en fin de ano debemos estar concentrados cando comemos as uvas e non despistarnos coas risas, a música, etc.

Os atragoamentos constitúen a segunda causa de morte accidental en España despois das caídas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade