Comedor escolar: ferramenta de conciliación e unha alimentación máis económica
Comedor escolar: ferramenta de conciliación e unha alimentación máis económica
Para as familias resulta máis barato que os nenos coman nos colexios que na casa ante a suba dos prezos
Dispárase a demanda de bolsas de comedor neste curso. Cada vez son máis os que elixen deixar os fillos a comer no colexio, xa non só para conciliar, senón tamén para aliviar un pouco o peto.
Cos prezos dos alimentos polas nubes, a moitas familias sáelles máis rendible que os rapaces coman nos centros escolares. Agora están obrigados a ofrecerlles no menú cada día froita e verdura.
Moitas empresas que se dedican a elaborar estes menús tiveron que subir os prezos para manter a calidade. Unha suba que en Galicia non repercutiu nas familias. As diferentes administracións que xestionan estes comedores públicos, Xunta, ANPA e concellos, son as que asumen polo momento este incremento de prezos.
O custo máximo do menú e de catro euros e medio, malia que máis do 80 por cento dos usuarios comen de balde ou pagan un euro ao día.