Publicador de contidos

Publicador de contidos

Collen na allada un ladrón multirreincidente en Sanxenxo

Collen na allada un ladrón multirreincidente en Sanxenxo

Na vila consideran que o quere é volver ingresar en prisión

G24.gal 29/09/2025 14:17

Un ladrón de 39 anos ten preocupado a todo Sanxenxo cos seus roubos. Acaba de saír do cárcere e esta fin de semana protagonizou máis de media ducia de roubos. A súa especialidade son as lavanderías, aínda que tamén actúa en hoteis e outros negocios.

Precisamente foi nun establecemento hostaleiro onde foi detido na allada diante do abraio dos últimos hóspedes do verán.

Alcúmano o ferrolán, e en Sanxenxo todo o mundo está convencido de que o que quere é volver a prisión onde xa estivo. O seu historial de roubos nos últimos días é impresionante: lavanderías, hoteis, ou restaurantes. A conta é difícil de botar e iso que a Garda Civil está a animar a todos os afectados para que denuncien.

A Policía Local seguíalle a pista desde había días e cando o viron ás portas de Casa Isabel de madrugada abertas, pensaron que podía ser el como logo constataron.

Os axentes locais puxérono a disposición da Garda Civil e este luns prestou declaración nos xulgados. O concello confiaba en que a xuíza de Cambados decidise o seu ingreso en prisión, mentres que os axentes que atenderon a unha das afectadas coidaban que quedaría libre.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade