Publicador de contidos

Publicador de contidos

Colapso nas estacións de Atocha e Sants por un roubo de cable no AVE

Colapso nas estacións de Atocha e Sants por un roubo de cable no AVE

A circulación dos trens entre Madrid e Barcelona-Figueres estivo cortada durante horas

O Adif restableceu o servizo ás 11:15 da mañá 

Detido un mozo de 19 anos pola suposta implicación no roubo

G24.gal 08/08/2022 14:57 Última actualización 08/08/2022 15:18

Os viaxeiros que esta mañá se dispoñían a coller un AVE Barcelona-Madrid non contaban co que se atoparon ao chegar á estación de Sants. Unha gran aglomeración de xente agolpabase na teerminal por non poder viaxar ao suspenderse todos os servizos desde primeira hora.

Na estación de Atocha en Madrid pasaba outro tanto porque o corte de 600 metros de cable de fibra óptica e sinalización nun punto da liña entre Tarragona e Figueres obrigou a suspender os servizos nos dous sentidos. Os afectados queixábanse da deficiente comunicación por parte de Renfe.

Finalmente os técnicos do ADIF acabaron de repoñer o cable ás once e cuarto da mañá e pouco despois Renfe anunciaba que se reabría o servizo habitual, aínda que advertía que se podían rexistrar atrasos "por restricións de velocidade na liña".

Os Mossos d'Esquadra confirmaron xa a detención dun mozo de 19 anos como presunto implicado no roubo de cable e non descartan novas detencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade