Coidado cos 'tupper' en mal estado: poden contaminar os alimentos
Os envases de plástico en mal estado poden transferirlles aos alimentos substancias prexudiciais para a saúde
Son un recurso moi estendido. A solución ideal para conservar os alimentos ou trasladalos ao traballo, ao colexio ou mesmo á praia. Pero coidado, porque unha friameira en mal estado pode contaminar os alimentos.
"Non sabía iso, non". "Polos microplásticos, as enfermidades...", comentan dúas mulleres.
Un recipiente de plástico con fendas ou deformacións aumenta o risco do que se denomina migración química: substancias nocivas que pasan aos alimentos.
"Un material que non sexa completamente hermético pode traspasar eses microplásticos aos alimentos, e iso ten consecuencias na saúde, sobre todo en persoas con problemas de tiroides e inmunodeprimidos", Alba García Cid, nutricionista da área sanitaria de Ourense.
O vidro e o aceiro inoxidable son as alternativas máis recomendadas.
Nos de plástico, hai que prestar atención ás indicacións que figuran nos propios envases e desbotalos en canto observemos algunha deterioración.