Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio está "contento" co feito, e con "ganas de máis eliminatorias"

Claudio está "contento" co feito, e con "ganas de máis eliminatorias"

Álvaro Muñoz está dispoñible e Hugo Sotelo chega máis xusto

Sobre as baixas no PAOK: "Non teñen nada que perder, veñen a un partido fose e iso failles máis perigosos"

G24.gal 25/02/2026 13:21 Última actualización 25/02/2026 14:13

O Celta afronta mañá en Balaídos un duelo europeo de esixencia ante o PAOK de Salónica, nun encontro que pode marcar o rumbo do equipo na competición. O cadro celeste chega coa intención de facerse forte na casa e dar continuidade ás boas sensacións ofrecidas nas últimas semanas, apoiado nun estadio que volverá empurrar como nas grandes citas. Álvaro Muñoz está disponible e Hugo Sotelo chega máis xusto. Claudio chega con todo o optimismo.

"Contento de poder estar aquí, sabendo o que nos custa chegar a este momento, con ganas de máis eliminatorias".

O conxunto grego, con experiencia continental e un bloque competitivo, presenta un reto físico e táctico de nivel. O PAOK destaca pola súa intensidade, a solidez defensiva e a velocidade nas transicións, aspectos que obrigarán ao Celta a manter concentración máxima durante os noventa minutos. Os gregas chegan sen os cinco lesionados que xa faltaron no partido de Salónica.

"A incerteza do que poidan facer fai que teñamos que estar máis espertos. Non teñen nada que perder, veñen a un partido fose e iso fainos máis perigosos".

Para os vigueses, a clave estará en dominar o ritmo do partido, aproveitar o talento ofensivo e minimizar erros nunha eliminatoria que se prevé igualada malia o 1-2 do encontro de ida. Balaídos prepárase para unha noite europea de tensión e ilusión, coa esperanza de que o equipo dea un paso adiante diante da súa afección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos