Publicador de contidos

Publicador de contidos

Clásicos foráneos que se van instalando ano a ano nas nosas mesas de Nadal

Clásicos foráneos que se van instalando ano a ano nas nosas mesas de Nadal

Entre a globalización e a emigración, diversos produtos doutros países foron gañando oco nos nosos menús

G24.gal 26/12/2025 21:00 Última actualización 26/12/2025 21:17

Na nosa mesa de Nadal, máis aló dos clásicos de sempre, comezamos a atopar nos últimos anos unha serie de produtos de orixe estranxeira que se van instalando nos nosos menús. 

De entre todos eles, destaca un que entrou con tanto éxito que xa é un clásico novo en moitos fogares galegos.

Pero comecemos por mencionar un clásico que provén da rexión francesa de Champaña.

"A champaña francesa de toda a vida úsase moito como agasallo", conta a encargada da tenda compostelá Victoria, María Victoria Sánchez

A pregunta é se vai habendo outros produtos do estranxeiro na nosa mesa de Nadal.

"Doutros países? Non me dou de conta. Debo de ser moi clásico xa"

Pero resulta que hai produtos que xa van sendo clásicos novos. Que llo digan a este soldado que recibe o aroma dun panettone xigante, tan instalado aquí que xa se vai elaborando a súa receita tamén en Galicia.

"Cando eu era nena, non sabiamos nin o que era. E agora creo que se vende coma o turrón, se non máis. O panettone siciliano é moito o que se vende", apunta María Victoria

E sumamos á mesa nostalxias doutros países. Por exemplo, da Arxentina e de Cuba.

"E hai moita xente de Venezuela en Santiago, e alá en Noiteboa é moi típico o pan de xamón, e tamén nos encargan moito pan de xamón", sinalan en Victoria

Moito poden viaxar nestes tempos os costumes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade