Cargando resultados...
Cita con éxito en Chantada cos mellores viños da Ribeira Sacra na fin de semana
A subzona de Chantada sumouse hai 40 anos á moda das feiras vitivinícolas para dar a coñecer as excelencias dos seus produtos

G24.gal
12/03/2023 15:30
Esta fin de semana unha das citas festivas estivo na feira do viño de Chantada, o mellor lugar onde gozar dos viños incluídos na denominación de orixe Ribeira Sacra. Ademais están de aniversario, nada menos que 40 anos.
Trátase do primeiro certame deste tipo que inaugura a tempada na zona. E iso estase a notar na afluencia de público. Son moitos os que tanto onte coma este domingo, pasaron polas casetas, nunha edición na que xa non hai ningún tipo de restrición.
E as catas que se realizaron no certame terán os seus resultados nas adegas gañadoras na cata popular e na cata oficial.