Cinco mortos por atropelo en oito anos na recta de Rus, en Carballo
Os accidentes son frecuentes na zona a pesar de que se intensificaron as medidas de control da velocidade
A última vítima é un home, que faleceu atropelado cando estaba na beirarrúa
Os sinais advirten do perigo, as limitacións de velocidade están claras e hai un radar fixo. Ademais, os controis de tráfico son habituais. Pero, aínda así, os accidentes repítense desde hai anos neste punto negro da rede viaria galega: a recta de Rus, no concello de Carballo.
Veciños da zona e usuarios da vía, bótanlle a culpa ao exceso de velocidade.
Outros condutores pídenlles aos peóns que extremen as precaucións para cruzar a vía. Lembran que moitos dos falecidos por atropelo carecían de chaleco reflector.
Os veciños cren que se poden aplicar novas medidas de control. O propósito é intentar que accidentes como o desta fin de semana, cun home morto por atropelo, deixen de ser frecuentes nesta estrada.