Cinco feridos nun accidente na autovía AG-41, en Meaño
Os bombeiros tiveron que empregar material de excarceración para liberar dous dos implicados non accidente
O accidente produciuse pouco antes das 7 da mañá deste domingo no quilómetro 16 da AG-41
O accidente produciuse pouco antes das 7 da mañá deste domingo no quilómetro 16 da AG-41. Segundo informa o 112 Galicia, un particular relatoulles que un coche caera desde unha vía a outra paralela.
No accidente quedaron feridas as cinco persoas ocupantes do vehículo, e dúas delas estaban atrapadas no interior.
O 112 Galicia solicitou a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a axuda dos Bombeiros de Ribadumia, do GES de Sanxenxo e da Garda Civil de Tráfico.
Os bombeiros precisaron empregar material de excarceración para liberar as dúas persoas que quedaran atrapadas a causa do accidente. Os cinco ocupantes do coche tiveron que ser trasladados polo persoal sanitario ata o hospital de referencia.