Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ciencia e artesanía fusiónanse para fabricar bombóns en Ourense

Ciencia e artesanía fusiónanse para fabricar bombóns en Ourense

Unha enxeñeira alimentaria elabora bombóns con procedementos de laboratorio 

Emprega produtos autóctonos para o recheo

G24.gal 23/03/2022 19:48

Bombóns artesáns de laboratorio. Parece unha contradición, pero é o que fai unha pasteleira de Ourense, que aplica á repostería os seus coñecementos científicos en tecnoloxía dos alimentos. O seu traballo como chocolateira empeza diante dunha táboa de Excel, onde van quedando reflectidas as fórmulas ideais para cada variedade de bombón.

"O que fago é engadir as cantidades que eu estimo e axustar por porcentaxes. Separo a auga que terían os alimentos, da graxa, o azucre e a manteiga de cacao", explica Laura Castro, enxeñeira e chocolateira.

Foi en plena pandemia cando xurdiu nela o interese polo chocolate: "Formeime, fixen varios cursos, de momento online pola pandemia".

Experiencia profesional

A súa experiencia profesional, como investigadora nun laboratorio de tecnoloxía dos alimentos, dálle outra perspectiva dos procesos culinarios.

"O que me pasa co chocolate, por exemplo ao traballar con viño ou vermú da Ribeira Sacra, rompeu porque a cantidade de auga que deixei dentro era moi grande. Pois houbo que repetilo e reformulalo", conta Laura.

Aparte do toque científico, estes bombóns teñen outros reclamos: están elaborados con produtos de proximidade, desde viño albariño a queixo do Cebreiro: "A idea destes é que sexan un detalle especial: minixoias, onde atopes diferentes texturas, distintos compoñentes e o sabor característico do bombón que estou traballando".

Xa está traballando en novas receitas, que coñeceremos cando proclame EUREKA.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade