Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chuvia copiosa 4 días antes do verán

Chuvia copiosa 4 días antes do verán

AEMET activa o aviso amarelo na Coruña, Pontevedra e Ourense

Máis de 40 litros por metro cadrado en varias localidades galegas

Antón Montero 17/06/2024 20:42 Última actualización 17/06/2024 20:52

A terceira primavera máis chuviosa da historia non podía despedirse doutro xeito que con auga.
A catro días do inicio oficial do verán, Galicia está baixo aviso amarelo por chuvias de ata 50 litros por metro cadrado en doce horas. 

"Empezou a chover no mes de outubro e xa seguiu", lamentaba un resignado paseante. "Aquí é lei de vida: tes un día de sol que tes que andar espido e o día seguinte está chovendo, coma hoxe", contaba outro.

As precipitacións foron especialmente xenerosas na costa da Coruña e en toda Pontevedra, cos pluviómetros recollendo de trinta a corenta litros en Boiro, Cuntis, Santa Comba ou Lousame.

Todo un panorama gris que obrigou a sacar os chuvasqueiros cando moitos xa non contaban e que deixou desertas as terrazas na semana en que arranca o verán. Moitos visitantes xa saben onde se meten. Un deles recoñecía que "en Galicia xa se sabe: falo ou non o fas, porque o tempo é o que é".

Pero o mal tempo son malas novas para os que viven do turismo. Unha comerciante explicaba que "a nós vennos mellor a caloriña, que con este tempo, só veñen a resgardarse e marchan".

O aviso amarelo de Aemet desactívase ás 10 da noite, pero este martes as olladas estarán postas no ceo dos concellos máis orientais de Lugo, onde é probable que descarguen as treboadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos