Publicador de contidos

Publicador de contidos

Por fin chove, para ledicia de todos

Por fin chove, para ledicia de todos

As precipitacións non serán suficientes para paliar a seca, pero dan un alivio

G24.gal 16/08/2022 14:38

Nunca chove ao gusto de todos, menos nesta ocasión, que todo o mundo di que a chuvia é benvida e necesaria. 

Había ganas de que chovese e os prognósticos meteorolóxicos avisaron de que ía chover. Pero aínda así hai a quen a auga o colleu por sorpresa nun verán no que xa non se sabía nin onde estaba o paraugas. 

A meteoroloxía mudou xusto na ponte festiva por excelencia na nosa comunidade, pero nin os máis trouleiros se anoxaron por volver á esencia propia dos veráns galegos.

Cos xardíns e as hortas case secas e problemas na billa en boa parte de Galicia, xa se resaltan os beneficios a curto prazo destes primeiros  chuvascos do verán.

Malia a todo a primeira fronte do verán non mollará toda a Comunidade nin será suficiente para paliar a seca. Nas comarcas máis molladas, como a de Santiago, as estacións meteorolóxicas apenas recolleron 15 litros por metro cadrado.

A auga non será moita nin vai durar, as previsións din que o xoves regresa o anticiclón e con el, o tempo seco e solleiro de novo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar