Chegan os primeiros peregrinos de 2022 a Compostela
Galicia pecha 2021 con case 180.000 compostelas seladas no centro de peregrinos
Galicia pecha 2021 con máis de 178.900 compostelas seladas no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, o que confirma a reactivación do Camiño de Santiago, que supera todas as expectativas. E hoxe a capital galega xa recibiu os primeiros peregrinos do ano.
É a estampa deste primeiro día do ano santo que segue a celebrarse en 2022. Bienvenido foi o primeiro peregrino en cruzar a porta santa ás 9 da mañá.
As circunstancias especiais da pandemia permitiron a decisión histórica de deixar aberta a porta santa durante dous anos seguidos.
Detrás de cada peregrino hai unha historia. Roberto leva facendo o camiño desde o ano 1982. Hoxe quixo volver a Santiago no primeiro día do ano.
No Camiño francés, moi preto de Compostela, atopamos esta parella de Madrid que fixo o camiño desde León, unha experiencia dura pero que, segundo din, pagou a pena.
En 2021 preto de 180 mil peregrinos fixeron o Camiño. Os que non puideron facelo teñen outro ano santo por diante para chegar a Santiago