Galicia recibe as primeiras 60.000 doses para vacinar os menores de once a nove anos desde o mércores
Galicia recibe as primeiras 60.000 doses para vacinar os menores de once a nove anos desde o mércores
Galicia recibe as primeiras 60.000 doses para vacinar os menores de once a nove anos desde o mércores
Chegan a España 1,3 millóns de vacinas contra a covid–19 para nenos de cinco a once anos
Xa chegaron a España 1.362.000 doses de vacinas pediátricas do preparado Comirnaty ( Pfizer/ BioNTech), unha primeira remesa destinada a nenos e nenas de cinco a 11 anos que se distribúe por criterios de poboación diana entre todas as comunidades e cidades autónomas e que comezará a administrarse o mércores 15.
A vacinación, que se iniciará cos nenos de máis risco e nos de maior idade (dez e 11 anos), terá lugar principalmente en Galicia en centros de saúde e lugares xa habilitados para a vacinación de adultos, como pavillóns, vacinódromos e tamén hospitais.
As doses preparadas para os máis pequenos redúcense a dez microgramos, un terzo da que se administra aos adultos.
O intervalo entre doses será de polo menos oito semanas para conseguir mellor resposta inmune e mellor perfil de seguridade. Do mesmo xeito que aos adultos, e segundo informa Sanidade, tras recibir a vacinación débese observar a persoa vacinada durante 15 minutos para detectar reaccións inmediatas. En persoas con reacción alérxica grave, manterase un seguimento de 30 minutos.
A vacina pediátrica contra a covid–19 chega a España tras recibir o aval da Axencia Europea de Medicamentos e tras completar o ensaio clínico en que demostrou unha eficacia do 90,7 % en prevención sintomática por covid–19 en nenos de cinco a 11 anos.
O Comité de Medicamentos de Uso Humano concluíu que os beneficios da vacina Pfizer en nenos de cinco a 11 anos supera os riscos, especialmente naqueles con afeccións que aumentan o risco de padecer covid–19 grave.
A poboación infantil entre cinco e 11 anos con antecedente de infección por SARS-CoV-2, independentemente da data de confirmación, recibirá unha soa dose a partir das catro semanas do diagnóstico da infección ou a data de inicio de síntomas.
No caso de ter infección tras recibir a primeira dose, completarase a pauta cunha segunda dose tras a recuperación e cando transcorresen catro semanas da infección, mantendo tamén o intervalo de oito semanas respecto da primeira dose.