O Sergas confía en esgotar o sábado as 60.000 doses para os nenos
O Sergas confía en esgotar o sábado as 60.000 doses para os nenos
Feijóo explica que as vacinas que recibe Galicia chegarán para os de 11, de e a maioría dos de nove anos
Galicia recibirá do primeiro lote que chega a España da vacina de Pfizer para nenos, 60.000 doses, que alcanzarán para vacinar os cativos de once, dez e boa parte dos de nove anos que hai na comunidade autónoma. O Sergas confía en chegar ás cifras de vacinación da faixa entre 12 e 16 anos, que foron do 90 % en Galicia. A inmunización arrancará nos grandes recintos de vacinación o mércores, e ese día, o xoves e mais venres vacinarase en horario de tarde e o sábado todo o día.
O presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo insiste en que esperan poñer todas as doses pediátricas antes de que acabe a semana e agardan recibir máis para inmunizar os nenos canto antes.
"Non nos van chegar para máis. Nin sequera imos poder completar a vacina para os nenos de nove anos. Podemos comezar xa de forma inmediata e este sábado finalizar cos nenos galegos de once, dez e a maioría dos de nove anos. Nós seguimos traballando a tope", afirmou Feijóo.