Publicador de contidos

Chegan as primerias neves aos cumios de Ourense

Chegan as primerias neves aos cumios de Ourense

As primeiras folerpas da tempada cubriron de branco a Estación de Montaña de Manzaneda

Os termómetros caeron ata os -2,5 nas zonas máis altas da Veiga e ata os -2,2 en Manzaneda

A neve cobre a Estación de Montaña de Manzaneda
G24.gal 03/11/2021 14:42

Baixaron as temperaturas e coa caída dos termómetros chegaron as primeiras nevaradas as zonas de alta montaña de Ourense. As folerpas comezaron a callar na tarde do martes e xa pola noite chegaron a acumularse ata 10 céntimos de neve na Estación de Manzaneda.

Os traballadores apuran a posta a punta das instalacións para ter todo listo antes do inicio da tempada de esquí, o 27 de novembro. Este mércores facían as probas de carga nos remontes e telecadeiras.

As temperaturas estiveron por debaixo dos -2 tanto en Manzaneda como na Veiga, onde se rexistrou a mínima de Galicia. Así e toda a sensación térmica foi de moito máis frío, ata menos dez graos, por mor do vento.

A friaxe e as precipitacións continuarán durante un par de xornadas máis polo poderían rexistrarse novas nevaradas por riba dos 1.200 metros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade