Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chega a choiva ao interior, pero non é suficiente para paliar o déficit de auga

Chega a choiva ao interior, pero non é suficiente para paliar o déficit de auga

Na cidade de Ourense choveu en todo o mes de setembro o mesmo que en tan só 12 horas hoxe en Tui

G24.gal 29/09/2022 14:40

Ourense ergueuse este xoves co son da choiva tras dúas semanas sen apenas precipitacións. Unha auga moi agardada pero insuficiente para paliar o déficit nos encoros e nos ríos da provincia que se atopan un 16 % por debaixo do habitual. Mañá remata o ano hidrolóxico que comeza no mes de outubro e as chuvias na provincia de Ourense foron ao redor dun 40 por cento inferiores ao normal.

Nas últimas horas recolléronse na cidade das Burgas 15 litros por metro cadrado. En todo o que levamos de setembro, uns 45, a mesma cantidade que se recolleu en Tui en tan só 12 horas.

Para as próximas xornadas xa non se agardan máis auga senón a entrada dun anticiclón que traerá unha nova suba das temperaturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade