Publicador de contidos

Publicador de contidos

Uns chanzos instalados na reforma da Mosqueira, en Lugo, provocan as queixas dos veciños

Uns chanzos instalados na reforma da Mosqueira, en Lugo, provocan as queixas dos veciños

Demandan que se cambien as escaleiras por unha rampla logo de houbese caídas de peóns e quedasen coches atrancados

G24.gal 23/05/2022 14:38

As obras de peonalización da Mosqueira están case rematadas e malia que o resultado agrada á maioría. Unha zona, con escaleiras, está a xerar polémica porque houbo xa caídas de peóns.

Mesmo hai tamén vehículos que quedaron atrancados. Uns falan de descoidos, outros de descoñecemento da zona.

Pero os veciños cren que o mellor sería que a zona tivese unha rampla tal e como acontece no resto da praza.

Sinalan ademais que dificultan o acceso ante posibles emerxencia de ambulancias ou vehículos de bombeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade