Chantada reúne 60 persoas compartindo coñecementos e experiencias sobre cestería
A terceira edición de Entrelazar afonda nas necesidades dun oficio que debe enforcarse cara ás materias primas autóctonas
Chantada acolle esta fin de semana a terceira edición de Entrelazar, unhas xornadas centradas no presente e nos futuro da cestería. Nelas participan artesáns, arquitectos, técnicos e deseñadores, persoas interesadas nos novos enfoques que ten a cestería, que recibe agora un estudo multidisciplinar e transversal.
"A idea é poñer en contacto xente de diferentes ámbitos que está moi interesada tanto nos materiais como na sostibilidade e nas sinerxias entre disciplinas", asegurou Elena Fabeiro, xerente da Fundación de Artesanía de Galicia.
Entre os relatores estivo Rosana, unha artista colombiana especializada no fique, unha plante endémica de Colombia coa que se fan os sacos de café.
"Os materiais vincúlannos co territorio, permítennos velos desde a nosa humanidade e sensibilidade e permítennos tecer redes vivas que sosteñen o noso ecosistema e o noso benestar", explicou Rosana Escobar, deseñadora e artista téxtil.
O obxectivo destas xornadas é o de compartir coñecementos e maneiras de facer e, tamén, a obtención de conclusións que favorezan o oficio.
Entre elas a crenza de que se debe volver ao propio subministro das materias primas.
"Poder ter vimbio para poder facer proxectos a longo prazo, tanto para arquitectura, xardinería, paisaxismo é importante. É como a pescada que morde o rabo. Se non teño material non podo facer o proxecto se viceversa", relatou Idoia Cuesta, creadora téxtil especializada en fibras vexetais.
Un exemplo da importancia de facer co vimbio plantacións que garantan a súa procedencia de Galicia, con cultivos en ecolóxico e dos que se poida seguir a trazabilidade.
Entre investigadores, docentes, artesáns e outros interesados xuntáronse unhas sesenta persoas aprendendo sobre cestería.