Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chamamento da axencia de Doazón de Órganos e Sangue

Chamamento da axencia de Doazón de Órganos e Sangue

Necesítase sangue dos grupos A+, 0- e 0+, que presentan niveis baixos en Galicia

G24.gal 11/05/2022 21:49 Última actualización 11/05/2022 22:13

A axencia de Doazón de Órganos e Sangue pide a colaboración cidadá para que doen sangue dos grupos A positivo, cero negativo e cero positivo.

Segundo informou a axencia, as reservas destes grupos presentan niveis baixos en Galicia, polo tanto, considera necesario reforzar o permanente chamamento á poboación.

A axencia lembra que os centros sanitarios galegos necesitan entre 400 e 500 doazóns diarias para realizar as tarefas sanitarias de xeito eficaz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade