Cargando resultados...
Centos de miles de persoas gozan dos festivais de música do verán en Galicia
Centos de miles de persoas gozan dos festivais de música do verán en Galicia
Só os da marca Fest Galicia mais O Son do Camiño congregaron 312.000 persoas
Este ano hai confirmados arredor de 60 eventos deste tipo en toda a comunidade
G24.gal
02/05/2022 21:35
Os festivais de música xa son para a xente nova a alternativa ás verbenas tradicionais. Tanto que xa se fala dun "turismo de festivais", persoas que axeitan a súa axenda de lecer en función das datas destes eventos.
E cada vez hai máis en cada recuncho do país. Hai lugares con máis dun festival, e outros xa teñen sona internacional.
Tamén funcionan como reclamo turístico, e a súa capacidade de convocatoria supera todas as expectativas. E o seu impacto socioeconómico tamén.