Publicador de contidos

Publicador de contidos

Centos de devotos acudiron á romaría dos Milagres de Saavedra, en Begonte

Centos de devotos acudiron á romaría dos Milagres de Saavedra, en Begonte

No día grande, os romeiros cumpriron con tradicións como portar exvotos ou candeas

Félix Aragunde 24/05/2023 14:03 Última actualización 24/05/2023 14:15

Por vez primeira nos últimos catro anos, non foi necesario o uso da máscara na romaría dos Milagres de Saavedra, en Begonte. Así é todo, mantense unha pantalla de protección nunha das tradicións asociadas a esta cita, a da imposición da Virxe.

Ángel Vigo, párroco de Saavedra: "Tivemos unha cantidade enorme de xente na novena. Moita xente, máis ca estes anos. Moitísima xente".

Portar exvotos ou tallas arredor da igrexa son outros ritos desta romaría á que acudiron centos de devotos de toda a contorna. O mesmo ocorre coas candeas, que se deixan acesas detrás do templo.

Pero non todas as tradicións dos Milagres son estritamente relixiosas. Os romeiros que acoden a Saavedra tamén adoitan cumprir cos postos de rosquillas.

Unha das principais novidades este ano na romaría é a instalación dunha escultura de madeira diante do santuario, que conmemora o medio século de historia do belén electrónico de Begonte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos